Estado de capturas del día 9 de mayo del 2020

Hoy debería de haberse celebrado el Concurso Internacional del salmón, pero el covid-19 quiso que en esta temporada no se puedan hacer gran parte de estos eventos. En el Ulla todos los cotos estaban reservados para este concurso por lo que hoy no se pescó. No tenemos constancia de que se sacase algún salmón en el resto de los ríos, la verdad nos ha sido imposible hablar con los centros de precintaje.

Como adelantábamos esta mañana el Boe publicado durante el día de hoy suspende la pesca y la caza en España hasta la segunda fase. Durante todo el día hemos recibido por parte de la Xunta diferentes vídeos y textos que explicaban cómo y con quién había tomado la administración gallega la decisión de abrir la temporada de pesca. Las Conselleiras Ángeles Vázquez y Rosa Quintana han enviado otro escrito al Ministro de Sanidad en el que solicitan que se aclare el motivo de esta prohibición.  Para cerrar cualquier tipo de dudas las dos Conselleiras han enviado un escrito que rápidamente se hizo viral por Whatsapp.

 

Por último decir que la Xunta también publicó un DOG durante el día de hoy en el que salen las modificaciones de BOE. La publicación indica que entra en Vigor a las 00:00 del día 11 de mayo. Esto quiere decir que durante la jornada de mañana se podrá practicar el deporte de la pesca en los ríos gallegos.

 

 

CIRCULAR SOBRE A NORMATIVA APLICABLE AO EXERCICIO DA PESCA FLUVIAL.-

  • O Plan de Desescalada aprobado polo Goberno do Estado, inclúe as fases da desescalada como “Previsión Orientativa para o levantamento das limitacións de ámbito nacional establecidas no estado de alarma “.

·         Por iso, o citado Plan establece que só por Orde do Ministro de Sanidade poderán regularse as concretas limitacións que se levantarán e as datas concretas

  • En consecuencia, aprobáronse as correspondentes ordes polo Ministerio de Sanidade que permiten a práctica de tódalas actividades deportivas, individuais e non federadas e as federadas durante a situación de crise sanitaria:

    En primeiro lugar aprobouse a Orde SND/380/2020, de 30 de abril, sobre as condicións nas que se pode realizar actividade física non profesional ao aire libre durante a situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.”

    Segundo o previsto na citada orde, artigo 2.2 «aos efectos do previsto nesta orde, queda permitida a práctica non profesional de calquera deporte individual que non requira contacto con terceiros, así coma os paseos. Ditas actividades poderanse realizar unha vez ao día e durante as franxas horarias previstas no artigo 5.»

    Pola súa banda, o artigo 2.4 engade que «os paseos realizaranse cunha distancia non superior a un quilómetro con respecto ao domicilio. Esta limitación non será aplicable á práctica non profesional de calquera deporte individual, estando  permitida dentro do municipio onde se reside.»

    Trala aprobación de dita Orde, a Xunta de Galicia trasladou ao Ministro de Sanidade que, coa literalidade da citada orde ministerial, ao non excluir da posibilidade do seu exercicio, ningunha das actividades deportivas que se poden exercer individualmente e sen contacto con terceiros, está permitida a actividade de pesca fluvial .

  • Tralo traslado dese criterio ao Ministerio publícase a Orde SND/388/2020, do 3 de maio, pola que se establecen as condicións para a apertura ao público de determinados comercios e servizos, e a apertura de arquivos, así como para a práctica do deporte profesional e

    Dita orde, con carácter xeral e sen exclusión ningunha dalgún deporte federado, establece no seu artigo 9.1 que “os deportistas federados non recollidos no artigo anterior poderán realizar adestramentos de xeito individual, en espazos ao aire libre, dúas veces ao día, entre as 6:00 horas e as 10:00 horas e entre as 20:00 horas e as 23:00 horas, e dentro dos límites do termo municipal no que teñan a súa residencia. Para elo, se fora necesario, poderán acceder libremente aos espazos naturais nos que deban desenvolver a súa actividade deportiva como mar, ríos, ou encoros, entre outros..

    ·         Ámbalas dúas ordes ministeriais parten de que a práctica da actividade física e a redución do sedentarismo son factores que teñen unha incidencia positiva na mellora da saúde das persoas, na prevención das enfermidades, na mellora do benestar emocional e da función inmunitaria, cos beneficios adicionais como a exposición á luz natural para a síntese da vitamina D e beneficios sobre a saúde mental. Beneficios que as citadas ordes ministeriais consideran que implican unha situación de necesidade que ampara o artigo 7.1.g) do RD 463/2020, do 14 de marzo.

  • Por Acordo do Cecop do 5 de maio, publicado o 6 de maio, e de conformidade coas citadas ordes ministeriais, e para dar maior seguridade Xurídica no que toca ao exercicio da pesca fluvial, acórdase que na Comunidade Autónoma quede restablecida a actividade da pesca fluvial en calquera das súas modalidades, federada e non federada, sempre que se desenvolva ao abeiro e con suxeición aos requisitos establecidos nas citadas ordes ministeriais do Ministerio de ,

  • No Boletín Oficial do Estado do 9 de maio publícase a Orde SND/399/2020, de 9 de maio, pola que se modifica a Orde SND/388/2020, de 3 de maio e que modifica a Orde SND/380/2020, de 30 de

    Dita orde nas súas disposicións finais segunda e terceira regula:

    Disposición final segunda. Orde SND/380/2020, de 30 de abril, sobre as condicións nas que se pode realizar actividade física non profesional ao aire libre durante a situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

    Modifícase a orde SND/380/2020, de 30 de abril, sobre as condicións nas que se pode realizar actividade física non profesional ao aire libre durante a situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, que queda redactada como sigue:

    Un. Modifícase o apartado 2 do artigo e, que queda redactado nos seguintes termos:

    «2. Aos efectos do previsto nesta orde, queda permitida a práctica non profesional dos deportes individuais que non requiran contacto con terceiros, así como os paseos. Ditas actividades poderanse realizar unha vez ao día e durante as franxas horarias previstas no artigo 5.

    Non se atopa comprendida dentro desta habilitación a práctica da pesca e caza ».

    Disposición final terceira. Orde SND/388/2020, de 3 de maio, pola que se establecen as condicións para a apertura ao público de determinados comercios e servizos, e a apertura de arquivos, así como para a práctica do deporte profesional e federado.

    Inclúese un novo artigo 10 bis na Orde SND/388/2020, de 3 de maio, pola que se establecen as condicións para a apertura ao público de determinados comercios e servizos, e a apertura de arquivos, así como para a práctica do deporte profesional e federado coa seguinte redacción:

    «Artigo 10 bis. Caza e pesca deportiva.

    O previsto neste capítulo non será de aplicación á caza e pesca deportiva».

    ·         Conforme ao sinalado na disposición final sexta da citada Orde a mesma surtirá plenos efectos dende as 00.00 horas do día 11 de maio de 2020 e manterá a súa eficacia durante a vixencia do estado de alarma e as súas prórrogas.

    POLO TANTO:

  • A Orde SND/380/2020, de 30 de abril, sobre as condicións nas que se pode realizar actividade física non profesional ao aire libre durante a situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, e a Orde SND/388/2020, de 3 de maio, pola que se establecen as condicións para a apertura ao público  de determinados comercios e servizos, e a apertura de arquivos, así como para a práctica do deporte profesional e federado, permiten con carácter xeral , sen exclusión algunha , a práctica da actividade deportiva ao aire libre e de tódolos deportes federados, e, por tanto, habilitan a práctica da pesca

  • A Orde SND/399/2020, de 9 de maio, modifica as citadas ordes para excluir expresamente a pesca fluvial da habilitación xeral da práctica da actividade deportiva ao aire libre durante a situación de crise sanitaria , e da práctica do deporte federado .

  • A Orde SND/399/2020, de 9 de maio, establece que a dita modificación entrará en vigor ás 00 horas do día 11 de maio do 2020, polo que a día de hoxe non estaría en vigor ningunha norma xurídica estatal que exclúa a pesca fluvial da habilitación da práctica da actividade deportiva ao aire libre e da práctica do deporte federado durante a situación de crise

  • Dende as 00 horas do dia 11 de maio do 2020 e por expresa decisión do Ministerio de Sanidade do Goberno do Estado na Orde SND/399/2020, de 9 de maio, a práctica da actividade deportiva da pesca fluvial deixa de ser unha actividade deportiva permitida durante a fase 1 da vixencia do estado de alarma.

    Santiago de Compostela,

    A directora xeral de Patrimonio Natural (asinado dixitalmente)

    Asdo.: Belén Mª do Campo Piñeiro